A Asociación Forestal de Galicia trasládalle ós catro grupos do Parlamento a necesidade dun plan de recuperación das zonas afectadas pola vaga de lunes

21/04/2018 medios
publicado por bikenta

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) mantivo reunións de traballo cos catro grupos do Parlamento galego co obxectivo de trasladarlles as preocupacións das comunidades de montes socias, así como dos propietarios forestais particulares. A AFG espera que estes encontros sirvan para a posta en marcha de medidas como un plan de restauración das zonas afectadas pola vaga de lumes de outubro, que impactou de xeito especial na provincia de Pontevedra.

As catro reunións mantidas nas últimas semanas cos grupos parlamentarios (PP, En Marea, PSdeG e BNG) tiveron un ton cordial e serviron para que os deputados coñezan as principais preocupacións dos propietarios forestais e das comunidades de montes socias da Asociación Forestal de Galicia. A AFG pediulles a todos os grupos que no eido forestal se prioricen os intereses de país, á marxe de enfrontamentos partidistas.

Noticia completa en la fuente original
Ver más noticias