Coñece ao noso equipo bikenta
Enxeñeiro de Montes
Área de xestión forestal
Enxeñeira de Montes
Área calidade e cadea de custodia
Enxeñerio Técnico forestal
Área comercial e proxectos
Diplomada en relacións laborais
Xestión Administrativa e prevención de riscos
Técnico administrativo
Xestión administrativa
Técnico superior de recursos naturais e paisaxísticos
Técnico de campo de Alvariza
Técnico superior de recursos naturais e paisaxísticos
Técnico de campo de Alvariza
Técnico superior de recursos naturais e paisaxísticos
Técnico de campo de Alvariza
Propietarios que confían en bikenta…
Entidades certificadoras…
Certificación forestal: “Procedemento voluntario polo que unha terceira parte independente proporciona unha garantía escrita tanto de que a xestión forestal é conforme con criterios de sustentabilidade como que se realiza un seguimento fiable dende a orixe dos produtos forestais”.
Ley de Montes 43/ 2003. Art. 6.p)
A certificación forestal é recoñecida por medio de selos cun amplo respaldo internacional, que ofrecen aos consumidores a garantía de que os produtos dos bosques como por exemplo a madeira, proveñen dunha xestión responsable, sensible con criterios ambientais, sociais e económicos.
Forest Stewardship Council® (FSC®)
O obxectivo do Forest Stewardship council®, (FSC®) ou Consello de Administración Forestal, é a promoción dunha xestión forestal ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e económicamente viable nos bosques de todo o mundo.
A xestión forestal ambientalmente responsable asegura que o aproveitamento dos produtos forestais de madeireiros e non madeireiros contribúan a manter a biodiversidade, a produtividade e os procesos ecolóxicos do monte.
A xestión forestal socialmente beneficiosa contribúe a que as poboacións locais, así como a sociedade no seu conxunto, desfruten dos beneficios a longo prazo do monte e proporciona tamén incentivos para que as comunidades conserven os seus recursos.
A xestión forestal económicamente viable implica que as operacións forestais sexan estruturadas e administradas de modo que sexan o suficientemente rendibles, sen que os beneficios económicos se xeren a expensas do recurso forestal, do ecosistema ou das comunidades afectadas. Os conflitos entre a necesidade de contar con ganancias financieiras e os principios de responsabilidade ambiental e social nas operacións forestais, poden reducirse mediante a promoción de produtos de mellor calidade e con maior valor engadido, axudando a que os produtores forestais se involucren nos plans de xestión.
Programme for the Endorsement of Forest Certification™ (PEFC™)
O obxectivo de PEFC™ (Programme for the Endorsement of Forest Certification - Programa de recoñecemento de Sistemas de Certificación Forestal) é asegurar que os bosques do mundo sexan xestionados de forma responsable, e que a súa multitude de funcións estean protexidas para xeracións presentes e futuras. Para iso conta coa colaboración de propietarios e empresas do sector forestal, que apostando pola certificacións dos seus bosques e industrias, están asegurando a sustentabilidade do sector.
PEFC™ proporciona o marco para a aplicación dunhas normas comúns acordadas internacionalmente, a todos os seus sistemas de certificación forestal, e aos xestores forestais e empresas de transformación de produtos forestais.
Os produtos de orixe forestal (madeira, papel, cortiza, etc…) certificados PEFC™ garanten aos consumidores que están mercando produtos de bosques xestionados de xeito sustentable. Os consumidores destes produtos certificados poden axudar a loitar contra a tala ilegal e fomentar as principais funcións dos bosques, contribuír ao mantemento de numerosos ecosistemas e diversidade biolóxica, ser o sustento económico de moitas poboacións rurais e a orixe dunha importantísima industria de transformación e ter un papel social e cultural recoñecido cada vez en maior medida.