Quen pode acceder ao Grupo Alvariza de Certificación Forestal?
Todos os propietarios ou xestores forestais que desexen certificarse en xestión forestal sostible.
Que é a certificación forestal?
A certificación forestal é un proceso voluntario polo cal unha terceira parte independente asegura, mediante un certificado, que a xestión dun bosque lévase a cabo cumprindo un conxunto de criterios e normas previamente establecidos.
Por que debo certificar a xestión dos meus montes?
É o único xeito que teño para demostrar que os coidados e os traballos que fago no meu monte responden a unha xestión que cumpre con todas as garantías legais, é sostible no tempo e beneficiosa para o medio ambiente. En canto ao mercado, isto favorece que poida poñer a madeira a un prezo competitivo e rendible como recompensa a un traballo ben feito.
Que inconvenientes ten certificar os meus montes?
Certificar non presenta desvantaxes posto que a maioría das obrigas son necesarias debido a lexislación, e a responsabilidade é a mesma que se exercía antes de ter o selo. A certificación trátase de poder recoñecer e demostrar publicamente o bo traballo. bikenta axuda a xustificar as actividades e gardar os rexistros necesarios.
Que é bikenta?
bikenta é un portal web que inclúe información sobre a xestión dos bosques, ofrece servizos para o propietario forestal e comparte información personalizada en tempo real a tódolos membros do Grupo Alvariza de Certificación Forestal.
Como podo acceder aos servizos de bikenta?
bikenta ofrecese de xeito gratuíto a tódolos membros ou xestores forestais que teñan algún monte certificado no Grupo Alvariza de Certificación Forestal. Cada membro ten acceso a súa información personalizada.
A través de que dispositivos accedo a bikenta?
Podes acceder a bikenta a través dun ordenador, tableta ou teléfono móvil intelixente que teña conexión a internet.
Aplica bikenta la interoperabilidad de datos?
Si, a arquitectura do software que soporta bikenta está pensada para que todas as fontes de datos que recolle, sexan de xeito estándar e interpretable por outros sistemas de información.