Como se vai planificar o monte en Galicia?

11/12/2018 bioeconomía
publicado por bikenta

A Xunta prevé impulsar no 2019 un plan piloto de ordenación de recursos forestais (PORF) nun dos 19 distritos de Galicia. O sector avoga por potenciar medidas alternativas de ordenación e certificación forestal, restándolle contido ós PORF.

O Plan Forestal de Galicia, que se aprobará previsiblemente a comezos do 2019, márcase obxectivos claros na planificación e ordenación do territorio forestal. A Xunta prevé impulsar no 2019 un plan piloto de ordenación de recursos forestais (PORF) nun dos 19 distritos forestais de Galicia, coa perspectiva de elaborar dous por ano, de xeito que os 19 estean rematados nunha década. A cuestión é ata que punto van intervir os PORF sobre a propiedade forestal. O borrador do Plan Forestal prevé que os PORF poidan indicar as “especies forestais indicadas e alternativas ou restrinxidas para a súa plantación segundo zonas”, unha cuestión que suscita dores de cabeza entre boa parte da cadea da madeira.

Noticia completa na fonte orixinal
Ver máis novas